domingo, 30 de agosto de 2009

O dia 11 de setembro haberá unha reunión en Santigo no bar Puentes cos capitáns  dos equipos para ultimar os detalles da liga nacional de billarda posto que como xa sabedes queremos comezar o 27 de setembro coa competición.

sábado, 29 de agosto de 2009

OUTRO DEPORTE É POSÍBEL!
Desde os primeiros golpes do palán contra a billarda no cantón en Lourenzá, despois de mollarse nos campos de Bretoña, pasando polo frío intenso das tardes na Anguieira en Barreiros, a LNB foi medrando pouco a pouco. Hoxe cada torneo da LNB convértese nunha auténtica festa do deporte autóctono,  para contalo nace a 4ª conferencia, "a conferencia centro (zona estornela)" entrevistas, fichaxes e crónicas dos torneos son os principias argumentos para este blog que vai tratar toda a actualidade da LNB na zona centro.
O 27 comeza a 1ª xornada de liga zona centro puntuable.