miércoles, 2 de febrero de 2011

segue a maldición... máis billardas asasinas

A tan só uns días da brutal paliza que recibiu un Bateas por uns encapuchados, temos outro ferido que non lle chegaba con cortar os dedos cun disco da rebarbadora facendo como non podía ser menos unhas billardas asasinas, hoxe mércores probándoas saltoulle unha ó nariz causándolle traumatismo nasofacial ( bueno non sei se se chama así), en definitiva que rompeu a napia, o que lle fai maquinar no abandono da billarda, o próximo luns en "Galiza en Varados" explicarase con detalles e analizarase a posible baixa neste tan brutal deporte.