martes, 16 de marzo de 2010

Oitava xornada de liga conferencia centro

Bueno pois que vos parece se nos vemos no Parque de Belvís este domingo, 21 de marzo para celebrar a oitava xornada da liga conferencia centro, animádevos todos e vide pois están en xogo os play off en Conxo, para os 12 primeiros, para os dous mellores equipos e tamén os 5 clasificados en varados e as 5 mellores mulleres.