domingo, 2 de septiembre de 2012

Último aberto do circuito de verán (puntuable para a chaqueta de lá). Xan Rodiño encabeza a clasificación deste circuito.
Tendo en conta que houbo uns pequenos problemas con un dos abertos por culpa do horario, estamos pensando en descartar unha xornada, (sempre e cando a xente estea toda de acordo).
Este aberto tamén vai ser puntuable para a 1ª xornada de liga da Conferencia Centro e así entre todos facer un calendario propicio para levar a cabo a liga 2012 /2013.
Esperámosvos o domingo 9 de setembro no campo da Madalena en Castrofeito ás 5 da tarde.