domingo, 12 de septiembre de 2010

1º Torneo de liga (conferencia centro)

Comeza a tan esperada Liga Nacional de Billarda (conferencia centro), todos aqueles que esteades por Santiago tedes unha cita  no Castiñeiriño  no campo do Atlético Fátima.
Farase a presentación dos equipos  que vaian a participar, tamén se poderá xogar sen necesidade de formar parte dun equipo.
Ás 16:00 comezamos a anotarnos  faremos o sorteo ás 16:15, e comezaremos a xogar ás 16:30. Os que chegen tarde poderanse anotar pero empezarán de cero. Que gañe o mellor!! .