lunes, 2 de septiembre de 2013

Despois deste parón do verán e  de reflexionar sobre o futuro da conferencia centro, ACD Furabolos queremos retomar a liga nacional de billarda 2013/14 se é posible, por iso querémosvos reunir aos que esteades interesados en participar. Nun aberto que será este próximo domingo día 8 ás 5 da tarde no campo da Madalena en Castrofeito.
Falaremos:
Nº de xornadas
Calendario
Nº de xogadores por equipa
Sistema de xogo
Clasificacións con respecto os play off de Conxo
Sistema de puntuación
Se algún equipo non se pode achegar que nolo faga saber no correo electrónico acdfrabolos@hotmail.com