martes, 8 de enero de 2013

Volve a liga nacional de billarda

Despois do parón de inverno a conferencia centro retoma as súas actividades billardeiras. Por iso este sábado 12 de  xaneiro de 2013, no campo da Madalena (Castrofeito) disputarase o 4º aberto de billarda puntuable para a liga nacional de billarda.
Todos aqueles que queiran participar que se achegen a eso das 16:00. Chega con anotarse cinco minutos antes.