lunes, 4 de octubre de 2010

unha viaxe en moto...

Os Trouleiros quedan sen un dos seus mellores palanadores o campión de varados 2009 /10; Hugo que despois de sair de traballar dirixiase á súa casa para xantar e voltar pola tarde, pero un coche atropelábao deixándolle un golpe na cachola (traumatismo craneoencefálico), unha man e unha perna rota do que é operado horas máis tarde.
Agora coa súa amiga a cadeira de rodas di que aínda ten pensado ir a Conxo defender o titulo nacional de varados, así que non pensedes os contrincantes que vos vai ser doado facerse con el.
Os palanadores da LNB deséxamoslle unha pronta recuperación e mandámoslle todos un saúdo e unha aperta.