lunes, 2 de diciembre de 2013

Sábado 7 de decembro, 4º aberto de billarda, Conferencia Centro, puntuable para a liga. Xogarase no campo da festa da Madalena (castrofeito)

lunes, 21 de octubre de 2013

A CONFERENCIA CENTRO.
Celebrase o 3º aberto de billarda puntuable para a liga. O sábado 26 de outubro ás 16:30, no campo  da festa da

Madal.ena (castrofeito) O Pino

lunes, 14 de octubre de 2013

No 2º aberto de billarda, conferncia centro, gañou Raquel de Furabolos deixando atras a Sanches de San Mateo, Guerra de Xogos Tradicionais, Xeila de Trouleiros e mismo a Toño de Furabolos, nunha final moi emocionante.

martes, 8 de octubre de 2013

2º aberto de billarda 2012 / 13

Sábado 12 de outubro, 2º aberto de billarda, Conferencia Centro, puntuable para a liga.
Xogarase no campo da festa do San Benito, en Sergude (Boqueixón) detrás do bar O Portugués ás 16:30. Organizan os Trouleiros.

lunes, 2 de septiembre de 2013

Despois deste parón do verán e  de reflexionar sobre o futuro da conferencia centro, ACD Furabolos queremos retomar a liga nacional de billarda 2013/14 se é posible, por iso querémosvos reunir aos que esteades interesados en participar. Nun aberto que será este próximo domingo día 8 ás 5 da tarde no campo da Madalena en Castrofeito.
Falaremos:
Nº de xornadas
Calendario
Nº de xogadores por equipa
Sistema de xogo
Clasificacións con respecto os play off de Conxo
Sistema de puntuación
Se algún equipo non se pode achegar que nolo faga saber no correo electrónico acdfrabolos@hotmail.com

domingo, 9 de junio de 2013

O domingo 16 de xuño ás 11 da mañá gran aberto de billarda en Touro antes do gran festival Folk na beira do río Santaia. Esperámosvos a todos!! A ver se non chove!!

jueves, 23 de mayo de 2013

CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2013 (Marrozos)

CONFERENCIACENTRO
CATEGORÍA ABSOLUTA
LUÍS CAMIÑA (GHA)
IVÁN (FUR)
SANCHES (SAN MATEO)
TOÑO (FUR)
HUGO (TRO)
GINÉS (FUR)
JOSÉ (TRO)
RUBÉN BOQUETE (SAM)
RAMAS (SAM)
CESAR (FUR)
SANTI (SAM)
VIRGEN (SAM)
SUPLENTE:
ALBERTO (SAM)

 CATEGORÍA FEMININA
CHELI (GHA)
ANA (GHA)
XEILA (TRO)
RAQUEL (FUR)
MARGA (GHA)

CATEGORÍA VARADOS
IVAN (FUR)
HUGO (TRO)
LUÍS CAMIÑA (GHA)
GINÉS (FUR)
CESAR (FUR)

CATEGORÍA EQUIPOS
FURABOLOS
SAN MATEO

jueves, 2 de mayo de 2013

Chegamos ao final da liga 2012/2013 da conferencia centro, como en anos anteriores xa sabedes que os 12 primeiros, e as cinco mulleres, xunto coas dúas equipas e os cinco mellores en varados, van ás finais de Conxo (este ano son en MARROZOS), xa que hai xente que está en varias ligas. No Centro antes de  xogar a última xornada queremos saber por onde se vai clasificar a xente.

lunes, 1 de abril de 2013

Ola!! de volta deste pequeno descanso, convidámosvos a todos ao novo aberto de billarda que se vai celebrar o sábado día 6 de abril no campo da Madalena (Castrofeito) ás catro e media.
Acudide!! a ver se non nos chove!!

lunes, 11 de febrero de 2013

5º Aberto de billarda

Despois de tantas filloas e tantas orellas, chega a hora de facer algo de exercicio, e que mellor que un aberto de billarda en Castrofeito. Por iso vos esperamos o sábado 23 de febreiro  ás 16:30 no campo da festa da Madalena en Castrofeito.

martes, 8 de enero de 2013

Volve a liga nacional de billarda

Despois do parón de inverno a conferencia centro retoma as súas actividades billardeiras. Por iso este sábado 12 de  xaneiro de 2013, no campo da Madalena (Castrofeito) disputarase o 4º aberto de billarda puntuable para a liga nacional de billarda.
Todos aqueles que queiran participar que se achegen a eso das 16:00. Chega con anotarse cinco minutos antes.