viernes, 23 de octubre de 2009

A por a copa Cantabrica

ÏNSCRÏBETE XA!!




- Domingo 8 de Novembro>> III Copa Cantábrica: A Auténtica defende o posesión do Copo fronte á poderosa selección Asturiana. Xogarase ó stilo CNL , é dicer, no canto de introducir a billarda no Varal farémolo no espezo circular que eles denominan "castru".

A LNB porá á disposición dos palanador@s a Guagua da LNB con saída da estación de buses de Ribadeo o domingo ás 9 da mañá cun custe máximo do billete de 10 euros + o xantar de custe tope 12 euros. Inscríbete xa para formar parte da expedición da Auténtica e saber as prazas que necesitamos: ovaral@hotmail.com / 619.570976



-Sábado 14 de Novembro: I PASAIKo BADIA IREKIA [txirikila-billarda]

I ABERTO BAHÍA DE PASAIA>> Haberá serpe de carros dende a Galiza coordinada dende a Conf. Sur , o embaixador-billerdeiro en Euskal-Herria Mourinho será o encargado de o venres conducir a palestra sobre a billarda e a revolución LNB cunha espectacular montaxe audiovisual e a expedición da Auténtica será quen o sábado pola mañá coordine o Aberto na vila de Pasaia, se pensas que podes ser útil nista explosiva aventura inscríbete xa para organizar ista expedición que vai facer história: 627.780891 / abelaido@hotmail.com