viernes, 15 de abril de 2011

8ª Xornada de liga

Dende as terras do grelo tamén coñecidas polo nome de Trazo celebrarase un novo aberto puntuábel e a fume da carozo na Conferencia Centro ista vez xestionado pola tribo dos irmáns do Atlético San Mateo, a cita ás 16 h. no IES Viaño Pequeno de Trazo que se vai converter ise serán do sábado nunha auténtica pota a presión donde Grelos e Billardas van cociñar un explosivo caldo perfecto para aliviar tensións niste xa apretado e tenso treito da tempada donde tod@s os elementos renden ó máximo buscando unha praza para pisar a tan desexada area dos leósn de Conxo . Contacto directo: 654.2321