miércoles, 9 de febrero de 2011

Última hora

Basilio entrenando na Magdalena cun chuvasqueiro de Bateeiro.
Será o fichaxe de inverno mais sonado que o de Adebayor?

Quen organizará o 6º aberto?

A organización do 6º aberto na Conferencia Centro está no aire.
Esta foto confirma que os Trouleiros xa non existen e o seu lugar ocupao a franquicia dos Furabolos .
Ou será que os Trouleiros non lle importa cambiar de camiseta diante dun bo prato de cocido?
Outra idea mais macabra e que as duas franquicias unan as suas forzas ante o temor de que Bateas poida levarse o título por equipos.Parece ser que toño opúxose e así lle foi.
A foto cobra mais relevancia cando se ve o apoio da Conferencia Norleste con Daniel de Billardeiros a cabeza e Marcos dos Remourelle Eric dos outros Bixi Bitere etc, a Conferencia Sur coa presencia de Xose Miguel.
Estamos intentando comunicar con Bateas para que nos de a sua opinión desta conspiración a escala nacional, e si Faisca e o brazo armado.
Teremosbos informados.



miércoles, 2 de febrero de 2011

segue a maldición... máis billardas asasinas

A tan só uns días da brutal paliza que recibiu un Bateas por uns encapuchados, temos outro ferido que non lle chegaba con cortar os dedos cun disco da rebarbadora facendo como non podía ser menos unhas billardas asasinas, hoxe mércores probándoas saltoulle unha ó nariz causándolle traumatismo nasofacial ( bueno non sei se se chama así), en definitiva que rompeu a napia, o que lle fai maquinar no abandono da billarda, o próximo luns en "Galiza en Varados" explicarase con detalles e analizarase a posible baixa neste tan brutal deporte.