A tan só uns días da brutal paliza que recibiu un Bateas por uns encapuchados, temos outro ferido que non lle chegaba con cortar os dedos cun disco da rebarbadora facendo como non podía ser menos unhas billardas asasinas, hoxe mércores probándoas saltoulle unha ó nariz causándolle traumatismo nasofacial ( bueno non sei se se chama así), en definitiva que rompeu a napia, o que lle fai maquinar no abandono da billarda, o próximo luns en "Galiza en Varados" explicarase con detalles e analizarase a posible baixa neste tan brutal deporte.
2 comentarios:
Existe unha alternativa para Toño. Que xogue as chaspas ou as bolichas (canicas) co seu rapaz. Bueno, mellórate home.
En todos os deportes hai practicantes que atraen con maior facilidade as desgrazas. Temos exemplos dabondo: Sete Gibernau (caídas), Carlos Sainz (mala "sorte"), Rober Prosinesqui (lesións), etc. Polo tanto, non é nada estraño que no deporte da billarda existan tamén este tipo de xogadores.
Publicar un comentario