lunes, 30 de mayo de 2011



@s palanador@s da Conferencia Centro queremos que se sepa o noso malestar e impotencia ante os feitos ocurridos no campionato nacional de billarda en Conxo.
Despois das medicións iniciais e do comenzo do campionato non se pode parar e empezar a medir outra vez todolos paláns e billardas por unha protesta, eso terá que ser o principio, pra algo estaban os delegados.
Cando un campionato empeza e que todos estan dacordo coas reglas.
Nos últimos anos de campionato nacional estamos a sufrir un acoso inxustificado. A intolerancia e os milímetros dunha minoria non pode prevalecer sobre unha gran maioria que vai a pasalo ben xogando a billarda, mais cando durante as ligas regulares o bo ambiente e a tónica xeral (será que non se miden os paláns e as billardas).
Si non temos forma de poñernos todalas conferencias dacordo nos xogaremos na nosa Conferencia coma o fixemos sempre collendo un pau afiando e dandolle con outro pau e pasar o día o mellor posible sin calibres ou flexómetros xa que non os fabrican de madeira.
"Zona estornela zona libre de medidas".