martes, 31 de agosto de 2010

LIGA NACIONAL DE BILLARDA 2010/11

Con motivo do comezo da nova tempada da Liga Nacional de Billarda Conferencia Centro vaise celebrar unha xuntanza o sábado 4 de setembro ás 8 da tarde no bar Puente, na Rocha en Santiago de Compostela, para tratar de facer o calendario das xornadas, o sistema de puntuación, tamén para inscribir os equipos, bueno en definitiva tratar de mellorar as condicións do ano pasado e tamén para tratar calquera suxerencia ou dúbida que vos poidan xurdir e para sentar as bases deste segundo ano 2010-2011. Os que esteades interesados en participar sería bo que acudises.


Saúdos. Toño de Furabolos.

sábado, 21 de agosto de 2010

2º Aberto fouciño de ouro

Coma se se tratara do campo de golf a organización preparaba o terreo onde uns días antes se segara o trigo, o terreo era o propicio para un aberto do fouciño pois todo esta relacionado coa malla. A xente ía chegando como podía, con máis de medio cento de palanadores e máis do dobre de espectadores celebrouse o 2º aberto, que nos deixou boas vibracións cara a vindeira tempada de liga que comenzará a finais de setembro.
Non houbo quen lle fixera fronte os Trouleiros, nin Iván, nin o campión de varados Hugo, nin Abel que aínda que era o seu debut coma xogador de billarda plantouse en semifinais ante Basilio que o puxo contra as cordas na 1ª carreira facendolle un varado, pero Basilio non se ía deixar intimidar e valendose da sua experencia na competición empatalle na 2ª, Abel fallou na billarda máis longa e Basilio só ten que tocarlle.
 Tampouco foron quen de facerlle fronte os xogadores estranxeiros que se achegaron ó dito aberto, como foi o caso de Xosé que viña desde Portonovo cun bo palmarés, ou Xermán que viña desde Rivadeo ou César que aterraba desde as terras de Marín que despois dunha intensa nogociación fichou polos Furabolos  xunto con Abel para a liga nacional de billarda na nova tempada 2010/11.
Os trouleiros arrasan no aberto fouciño de ouro facendose cos tres premios, e non deron opcións a ningún dos máis de cincuenta palanadores que se achegaron a xogar o dito aberto.

lunes, 9 de agosto de 2010

2º ABERTO fOUCIÑO DE OURO

O 14 de agosto de 2010 é unha data moi sinalada, celébrase o 2º aberto Fouciño de Ouro, un torneo que coincide coa festa da malla e con O PINO FOLK onde a xente pode lembrar vellos tempos. Todos aqueles que queiran participar comezamos co aberto ás 16:00 na carballeira de Vimieiro, ás 5:00 a malla e ás 19:00 comezarán os concertos nos que actuaran : CEOS DO SIL, ZURRUMALLA, A REQUINTA DE XIAN, TNT TANTO NOS TEN.
Para o que queira vir pola maña haberá polbo, viño e empanadas. Estades todos convidados.

miércoles, 4 de agosto de 2010

ABERTO DE MORAÑA

Foi moita a xente que se acercou asta Moraña o seu 1º aberto de billarda; desde O PINO, SANXENXO, MARIN etc. Despois de intercambiar maneiras de xogar entre os maiores e a xente da LNB dou comenzo o 1º aberto. Como ven acontecendo Xosé Rodiño tibo outra vez o seu dia e gañoulle na final a Luis que viña dende Marin, o cual non lle dou moitas occions.














No 1º aberto de billarda de Moraña, os seus maiores ensinaronos como xogaban eles a billarda, tamen nos ensinaron como as facian coa macheta posto que cando eran rapaces era a sua unica ferramenta. Segun nos explicaban collian unha pola e facian o palan e a billarda ou pincha como eles lle chamaban, e ian xogando polo camiño ou cando chegaban o monte coas bacas buscaban un sitio, non tiñan problemas de lonxitude posto quenon habia limites.


Aberto de Moraña

- ABERTO DE MORAÑA: Os irmáns da Asocición o Petouto confirman para iste serán de sábado un espectacular cartaz de festexos que se desenrolarán na Carballeira de Santa Xusta de Moraña , 17 h>> obradoiro de Pinchas e ás 16 Aberto de Billarda que rematará cunha espectacular merenda cea de irmandade entre os participantes, se habitás ou transitas pola zona non dubides en pasarte pola carballeira de Santa Xusta , porque é de xustiza botarlle unha man ós irmáns do Petotouto que dán o paso das verbas ós feitos pondo en marcha iste poderoso Aberto de Billarda que sitúa a Moraña coma un poro máis no coiro da serpe multicor da LNB. Contacto directo>>699289351 /evalaxe@gmail.com

lunes, 2 de agosto de 2010

1º ABERTO POLBIÑO PAULIÑO

Foron cerca de cincuenta palanadores-as os que se deron cita neste evento, polo que hai que destacar a boa acollida que nos deu esta asociación e darlle as grazas por todo.
Houbo xente de todo o país ata de Baños de Molgas (OURENSE ) ben iso era o que poñía a camisola.
Foi todo un éxito o aberto do polbiño Pauliño que despois dunha gran final entre Iván e Xosé Rodiño a sorte decantouse por Iván sendo el o gran gañador. Pauliño non tivo sorte e acabou no prato para a degustación dos palanadores que se apuntaron a probalo, hai que dicir que aparte do polbo tamén había outros moitos produtos da horta (non sei como farían para roubalos) pero a verdade e que estaban moi bos.
Hai que destacar tamén a presenza da campiona nacional que non foi o seu día xa que as novas xeracións de palanadoras veñen con moita forza. A final femanina foi a tres con Karmela, Raquel sf, e Raquel 88 que foi a campiona da súa categoria.

Iván levaba unha mala racha sen chegar a unha final pero este aberto deulle confianza para os vindeiros abertos posto que aparte de gañare a final fixose tamén co 1º premio de varados vencendo a Rubén Otero e a Xan Rodiño nunha final a billarda máis longa.
Tamén había premios para a categoría de cadetes (menores de 18 anos).


E como non para o veterano do torneo.