Foron cerca de cincuenta palanadores-as os que se deron cita neste evento, polo que hai que destacar a boa acollida que nos deu esta asociación e darlle as grazas por todo.
Houbo xente de todo o país ata de Baños de Molgas (OURENSE ) ben iso era o que poñía a camisola.
Foi todo un éxito o aberto do polbiño Pauliño que despois dunha gran final entre Iván e Xosé Rodiño a sorte decantouse por Iván sendo el o gran gañador. Pauliño non tivo sorte e acabou no prato para a degustación dos palanadores que se apuntaron a probalo, hai que dicir que aparte do polbo tamén había outros moitos produtos da horta (non sei como farían para roubalos) pero a verdade e que estaban moi bos.

Hai que destacar tamén a presenza da campiona nacional que non foi o seu día xa que as novas xeracións de palanadoras veñen con moita forza. A final femanina foi a tres con Karmela, Raquel sf, e Raquel 88 que foi a campiona da súa categoria.
Iván levaba unha mala racha sen chegar a unha final pero este aberto deulle confianza para os vindeiros abertos posto que aparte de gañare a final fixose tamén co 1º premio de varados vencendo a Rubén Otero e a Xan Rodiño nunha final a billarda máis longa.
Tamén había premios para a categoría de cadetes (menores de 18 anos).
E como non para o veterano do torneo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario