viernes, 23 de diciembre de 2011

5º Aberto do salnes.


Nunha disputadísima final dun aberto no Salnés, coa radio galega retransmitindo o partido:
Xan:..Todo contento.¡Un varado! ben a ver quén me gaña.
Luis. ¡Merda xa quedei fóra outra vez!
Toño(como era o arbitro) A billarda está dentro, non entrou, ides todos para 8 puntos.
Xan  ¡Non o podo creer, esto é un roubo!.
Iván  Jajajajajaja aínda non a metiches.
Xoro. Joder co arbitro, xa lle vale! como tira polos seus.
Carmela  ¡Been! aínda teño posibilidades.
Rubén Jajajajaja tocame a min, vou facer 8 puntiños
Basilio Como xa quedara eliminado xunto con Toño e outros participantes andaba a procura de paus para facer billrdas.
Basilio xa que non gañei polo menos facer algo de proveito.
Anoniímo¿Quen gañou iste aberto? si alguien sabe a resposta ten premio.

 Bon Nadal a todos @s..............................

viernes, 25 de noviembre de 2011

4º aberto de billarda

Sabado 26 novembro ás 16:00 horas no campo da festa San Mateo de Velouchada ( Trazo ) 4º aberto de billarda conferencia centro, puntuable para a liga, en caso de choiva xogarase no pavellon do IES Viaño pequeno.





martes, 18 de octubre de 2011

Cambio de data da 2ª Xornada Conferencia Centro

No marco da festa do magosto Asociación Cultural de Festas de Villarromaris no concello de Oroso organiza o dia 5 de Novembro as 16:00 a 2ª Xornada da LNB da Conferencia Centro.


En caso de choiva pavillón de Arca.

Ver mapa más grande
Si non chove campo da festa de Villaromariz (Santomé)

Ver mapa más grande

domingo, 2 de octubre de 2011

1º ABERTO DA TEMPADA

A LNB( conferencia centro)  comenza unha nova tempada. Organizan este 1º aberto os Trouleiros, o sabado 8 de outubro no campo da madalena en (castrofeito) .
Seguiremos informando.

sábado, 24 de septiembre de 2011

calendario lnb 2011/2012

Este e o posibel calendario da confarencia centro, como vos podedes fixar ai dous meses(decembro, xaneiro) que se deixan sin competicion por peticions da xente e por evitar o mal tempo. Si ai alguien que non esta de acordo con algunha das data podese cambiar avisando a tempo. Os representantes de cada equipo que vaia escollendo as datas para organizar os seus abertos.
1ª XORNADA  8 DE OUTUBRO
2ª XONADA 29 DE OUTUBRO
3ª XORNADA 19 NOVEMBRO
4ª XORNADA 18 DE FEBREIRO
5ª XORNADA 17 MARZO
6ª XORNADA 7 DE ABRIL
7ª XORNADA 28 ABRIL
8ª XORNADA 12 DE MAIO

Foliada da pastora

Toño foi o gañador do aberto da Foliada da Pastora, vencendo a Rubén dos Trouleiros nunha final de infarto.O gañador do lanzamento de sacho foi Ivan con unha distancia de 22,50 metros,e como xa era visto Luis de Almuinha gañou a carreira de aros, xa nos demostrou noutras ocasións que era un fenomeno na materia, na de zancos gañou Pavero, e por último na carreira de sacos foi Suso Beis o que se fixo co 1º posto.

jueves, 16 de junio de 2011

PROGRAMA FOLK IN RIO

As 11:00 hrs.
II OPEN DE BILLARDA
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
(Impartido por Pablo Carpintero)
As 11:30 hrs.
Pasarúas do Grupo de Bombos S. Tiago (Portugal)

As 12:00 hrs.
CANTOS DE TABERNA:
A REQUINTA DA LAXEIRA, A FERRIÑA FURTIVA, O GHUSTO
DO BOI, A REVIRAVOLTA, ALBORADA, TABERNÍCOLAS,
SARILLO DE AIAZO, OS ESTALOTES, OS TRAPEIROS, VOU VIR VOR VER,

As 15:00 hrs.
XANTAR CAMPESTRE (PULPEIROS E CHURRASCO)

As 16:00 hrs.
TRIOLIRO
Comenzo dos Xogos Tradicionais

As 17:00 hrs.
Actuación de PETER PUNK Malabares

As 18:00 hrs.
FESTIVAL FOLK IN RIO
- Bombos de S. Tiago (Portugal)
- CÉ ORQUESTRA PANTASMA
- TANTO NOS TEN

DURANTE TODO O DÍA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS
ARTESÁNS

lunes, 30 de mayo de 2011



@s palanador@s da Conferencia Centro queremos que se sepa o noso malestar e impotencia ante os feitos ocurridos no campionato nacional de billarda en Conxo.
Despois das medicións iniciais e do comenzo do campionato non se pode parar e empezar a medir outra vez todolos paláns e billardas por unha protesta, eso terá que ser o principio, pra algo estaban os delegados.
Cando un campionato empeza e que todos estan dacordo coas reglas.
Nos últimos anos de campionato nacional estamos a sufrir un acoso inxustificado. A intolerancia e os milímetros dunha minoria non pode prevalecer sobre unha gran maioria que vai a pasalo ben xogando a billarda, mais cando durante as ligas regulares o bo ambiente e a tónica xeral (será que non se miden os paláns e as billardas).
Si non temos forma de poñernos todalas conferencias dacordo nos xogaremos na nosa Conferencia coma o fixemos sempre collendo un pau afiando e dandolle con outro pau e pasar o día o mellor posible sin calibres ou flexómetros xa que non os fabrican de madeira.
"Zona estornela zona libre de medidas".

martes, 17 de mayo de 2011

CLASIFICACIÓN OFICIAL CONXO 2011 (en celeste os 12 clasificados)

As mulleres so compiten na categoria feminina e Andrade non asistirá e Xosé Rodiño e Ivan de Bateas clasifican por outra Conferencia,entón entrarán Guerra Xosé Antón e Mario de reserva.

viernes, 15 de abril de 2011

8ª Xornada de liga

Dende as terras do grelo tamén coñecidas polo nome de Trazo celebrarase un novo aberto puntuábel e a fume da carozo na Conferencia Centro ista vez xestionado pola tribo dos irmáns do Atlético San Mateo, a cita ás 16 h. no IES Viaño Pequeno de Trazo que se vai converter ise serán do sábado nunha auténtica pota a presión donde Grelos e Billardas van cociñar un explosivo caldo perfecto para aliviar tensións niste xa apretado e tenso treito da tempada donde tod@s os elementos renden ó máximo buscando unha praza para pisar a tan desexada area dos leósn de Conxo . Contacto directo: 654.2321


sábado, 2 de abril de 2011

CAMBIO DE DATA, A XORNADA DO DÍA 9 DE ABRIL PASARÁ A SER O 16 DE ABRIL


Penúltima xornada na Conferencia Centro Sábado 16 de abril as 16:00 en Trazo.
Dous candidatos o trunfo final, Basilio dos trouleiros e Toño de furabolos.
Basilio si logra nesta xornada 6 puntos ou mais sería campión.
Para que gañara Toño tería que conseguir 14 puntos nas duas últimas xornadas e que Basilio non sumara mais de 5 puntos nas duas.
O terceiro clasificado Xosé Rodiño tería que esperar unha carambola, restarlle mais de tres puntos a Toño e que Basilio non asista a ninguha xornada das que quedan (deus no queira).
O cuarto Ramas non ten opcións de gañar xa que con 14 puntos non alcanzaria a Basilio.
!!!A SORTE ESTÁ BOTADA VEMONOS EN TRAZO!!!

jueves, 10 de marzo de 2011

Este Sabado 12 de marzo as 16:00 na pista da Magdalena en Castrofeito celebrarase a 7ª xornada da Conferencia Centro.
O pateiro nómade xa empezou os seus adestramentos ¡¡¡a que esperades¡¡¡

miércoles, 9 de febrero de 2011

Última hora

Basilio entrenando na Magdalena cun chuvasqueiro de Bateeiro.
Será o fichaxe de inverno mais sonado que o de Adebayor?

Quen organizará o 6º aberto?

A organización do 6º aberto na Conferencia Centro está no aire.
Esta foto confirma que os Trouleiros xa non existen e o seu lugar ocupao a franquicia dos Furabolos .
Ou será que os Trouleiros non lle importa cambiar de camiseta diante dun bo prato de cocido?
Outra idea mais macabra e que as duas franquicias unan as suas forzas ante o temor de que Bateas poida levarse o título por equipos.Parece ser que toño opúxose e así lle foi.
A foto cobra mais relevancia cando se ve o apoio da Conferencia Norleste con Daniel de Billardeiros a cabeza e Marcos dos Remourelle Eric dos outros Bixi Bitere etc, a Conferencia Sur coa presencia de Xose Miguel.
Estamos intentando comunicar con Bateas para que nos de a sua opinión desta conspiración a escala nacional, e si Faisca e o brazo armado.
Teremosbos informados.



miércoles, 2 de febrero de 2011

segue a maldición... máis billardas asasinas

A tan só uns días da brutal paliza que recibiu un Bateas por uns encapuchados, temos outro ferido que non lle chegaba con cortar os dedos cun disco da rebarbadora facendo como non podía ser menos unhas billardas asasinas, hoxe mércores probándoas saltoulle unha ó nariz causándolle traumatismo nasofacial ( bueno non sei se se chama así), en definitiva que rompeu a napia, o que lle fai maquinar no abandono da billarda, o próximo luns en "Galiza en Varados" explicarase con detalles e analizarase a posible baixa neste tan brutal deporte.