lunes, 28 de junio de 2010

ABERTO FESTA DA REPUBLICA

Ata a final chegaron Xosé da Gentalha que se ía enfrontar contra Iván de Furabolos, gañando Iván nunha final de infarto.
Toño tivo que esmerarse para poder gañarlle o terceiro posto a un Brais moi motivado que pese a ser a primeira vez que xogaba non o fixo nada mal.











Como podedes comprobar Xan Rodiño despois de deixarse a pel no aberto do sábado ante Toño na gran final, non podía coa alma e decidiu pasar desapercibido.



A festa da República deixounos un gran aberto con medio cento de palanadores dispostos a demostrarlle a xente da LNB que eles tamén saben xogar a billarda. Incluso se baraxou a posibilidade da fichaxe de algun palanador para os equipos para o comenzo da tempada.




















domingo, 27 de junio de 2010

Aberto 2º aniversario de CS SETESTRELOS

Xan Rodiño despois de deixar atrás a Carlos, Hugo e Rubén chegou á final para enfrontarse a Toño que fixo o mesmo con Iván, Xosé Rodiño e Carmela.Foi unha final moi disputada, na 1ª carreira Toño chegou á portería pero Xan estivo moi hábil facéndolle un varado. A 2ª carreira gañaa Toño forzando o desempate á billarda máis longa na que Toño ía pasar uns metros do medio do campo pero Xan cun poderoso golpe deixa a billarda a uns centímetros do varal para proclamarse campión.



Así deixaron os billardazos de Xan Rodiño, Iván, Hugo e todas as persoas que se achegaron a xogar o aberto de billarda, do 2º aniversario de CS Setestrelos. Foron uns trinta palanadores os que se deron cita no campo da Baiuca (A Estrada).

martes, 22 de junio de 2010

FESTA DA REPUBLICA

FESTA DA REPÚBLICA GALEGA
27 de Junho de 1931 - 27 de Junho de 2010
79 Aniversário da proclamaçom da República Galega
-12h00: passa-ruas com gaiteiras/os.
-12h30: acto explicando a comemoraçom, e os factos de aquele revolucionário ano de 1931. Haverá também umha expossiçom.
-13h00: sessom vermouth.
-14h00: jantar popular, a cárrego do Sindicato Labrego Galego, com produtos da zona.
-16h00: aberto de bilharda.
-17h00: enquanto continua a bilharda actuará o clown Fredi para as crianças.
-À tarde haverá também projecçons de documentários relacionados com os factos, e mesmo poda que haja um estreio dum documentário realizado para a ocasiom! Os colectivos que o desejem também poderám instalar um posto com o seu material.
-À noitinha começarám as actuaçons musicais. Tocará Leo i Arremecághona e Mini e Mero, mas é possível que haja mais actuaçons.

Polo simbolismo do sítio, a festa fará-se na estaçom velha de Gesteda (Cerzeda), abandonada ao passo do AVE, e situada à beira do Lenguelhe. Ainda que o programa está aberto a novas incorporaçons e/ou modificaçons, em princípio será o seguinte:

2º ANIVERSARIO DO CS SETESTRELO

II ANIVERSARIO DO C.S. SETESTRELO
25 e 26 DE JUNHO
*(6ª) Venres 25 no CS Setestrelo (r/Péres Viondi nº9 –rês do chao).
20:00 HOMAGEM à BANDEIRA GALEGA . 80 ANIVERSARIO DO IÇADO OFICIAL NA CASA DO CONCELHO DA ESTRADA (1930). Palestra: Historia das Bandeiras da Galiza por José Manuel Barbosa, Carlos Garrido e Seném Outeiro. (Em Colaboraçom com a Asoc. Cultural Vagalumes) *Sábado 26
16:00 (Campo de Futebol da Baiuca) ABERTO DE ESTORNELA/BILHARDA
(Cantina e Música) (Colaboram: Exmo. Concello da Estrada e Liga Nacional de Bilharda) 22:30 CONCERTO no C.S. SETESTRELO: MENCER VERMELLO (Ferrol)
ESQUIOS (Estrada)

1º aberto Folk in Río



O campeón do aberto foi Iván de Furabolos que despois de deixar atrás a Daniel e a Toño acadou a final diante de Hugo campión nacional de varados ó que gañou cun gran varado.


Con medio cento de palanadores comezou o aberto de billarda do Folk in Río, todo un éxito mesmo estivo a Radio Galega para entrevistar a Carmela campiona nacional, a Toño o organizador do aberto e a Xabier presidente da Asociación Cultural Sobreiras do Ulla que grazas a eles se puido celebrar este campionato. Ata alí achegouse xente de Portonovo, Arzúa, Melide, Touro e arredores.

lunes, 7 de junio de 2010

FOLK IN RIO (TOURO)

Acabouse a liga pero a billarda segue, por eso todos os que non saiban o que facer o vindeiro 20 de xuño, aquí temos a solución para pasar un día de domingo en boa compaña.
Os amigos de Acasdu invitannos a un aberto de billarda ás 11:00 e logo un concurso de cantos na taberna e para rematala concertos folk na área recreativa da Santaia (Touro). Estades todos convidados.
Non faltedes.