viernes, 15 de abril de 2011

8ª Xornada de liga

Dende as terras do grelo tamén coñecidas polo nome de Trazo celebrarase un novo aberto puntuábel e a fume da carozo na Conferencia Centro ista vez xestionado pola tribo dos irmáns do Atlético San Mateo, a cita ás 16 h. no IES Viaño Pequeno de Trazo que se vai converter ise serán do sábado nunha auténtica pota a presión donde Grelos e Billardas van cociñar un explosivo caldo perfecto para aliviar tensións niste xa apretado e tenso treito da tempada donde tod@s os elementos renden ó máximo buscando unha praza para pisar a tan desexada area dos leósn de Conxo . Contacto directo: 654.2321


sábado, 2 de abril de 2011

CAMBIO DE DATA, A XORNADA DO DÍA 9 DE ABRIL PASARÁ A SER O 16 DE ABRIL


Penúltima xornada na Conferencia Centro Sábado 16 de abril as 16:00 en Trazo.
Dous candidatos o trunfo final, Basilio dos trouleiros e Toño de furabolos.
Basilio si logra nesta xornada 6 puntos ou mais sería campión.
Para que gañara Toño tería que conseguir 14 puntos nas duas últimas xornadas e que Basilio non sumara mais de 5 puntos nas duas.
O terceiro clasificado Xosé Rodiño tería que esperar unha carambola, restarlle mais de tres puntos a Toño e que Basilio non asista a ninguha xornada das que quedan (deus no queira).
O cuarto Ramas non ten opcións de gañar xa que con 14 puntos non alcanzaria a Basilio.
!!!A SORTE ESTÁ BOTADA VEMONOS EN TRAZO!!!