lunes, 30 de abril de 2012

8ª XORNADA

Ollo ao calendario. Finalmente a última xornada xogarase o sábado 19 de maio.

7ª XORNADA

Xogouse a 7ª xornada na conferencia centro. Estaba prevista para xogarse en A Madalena, pero o terreo de xogo estaba impracticable e o comité organizador decidiu trasladar a todos os/as participantes ata o pavillón de Arca. Participaron 28 persoas, 18 varóns e 10 femias. A clasificación nos primeiros postos foi a seguinte: 1º Basilio (TROULEIROS) 2º Virgen (SAN MATEO) 3ª Yolanda (FURABOLOS) 4º Dubra (SAN MATEO) Para máis información sobre clasificacións nas distintas categorías ir ao apartado CLASIFICACIÓNS. Tamén,fíxose o varado 1.000 da historia da LNB. Xa para sempre quedará sinalado este lugar, o día e a hora exacta na que se conseguiu. Aparecerán fotos desta xornada cando TOÑO teña a ben subilas.

viernes, 13 de abril de 2012

6º Aberto de billarda

Chegamos a recta final, a tan só tres xornadas de rematar a liga. Todo aquel que queira clasificarse para ir a conxo que afie as billardas e se acerque a estación vella de conxo.

jueves, 12 de abril de 2012

NOVAS DE ÚLTIMA HORA

Chegan noticias do Salnés que din que a ensaladeira perdeu o pé. En definitiva, o que ía servir para un só prato de comida, agora sirve para tomar tamén un segundo prato.D ito doutro xeito, máis curto, demanda xudicial á empresa que manufacturou o trofeo.


Despois, da polémica pola escasa... boh... inexistente organización do sistema de enfrontamentos, puxemos a traballar a un equipo de funcionarios chinos para que teñan listo o cadro de enfrontamentos para o partido de volta. Segundo persoas que teñen contacto con este equipo chino, mañá venres estará publicado.

lunes, 9 de abril de 2012

Xoro da conferencia Salnés e Basilio da conferencia Centro están a mirar como repartir o premio.

A conferencia do Salnés e a do Centro empatan a puntos no partido de ida, xogado este sábado no campo da Madalena (Castrofeito) sede da conferencia Centro. Despois dun partido con moita polémica e moito frio, o resultado foi de 53 a 53 os paláns quedan en alto para enfrontar o partido de volta, que se xogará próximamente en terras do Salnés.

jueves, 5 de abril de 2012

Conferencia centro, conferencia salnes.

Gran duelo entre ás conferencias centro e a conferencia salnes, a loitar pola ensaladeira, que gañe o mellor.