martes, 2 de noviembre de 2010

Aberto billarda por equipos


Estase ultimando a organización dun aberto por equipos na Conferencia Centro para o día 6 de Novembro pola tarde despois do licor café. Para as ovellas descarriadas que queiran volver o redil teremos un servicio de bicicletas para visitar a Vieito 16 e habrá ostias.
-------------CONFIRMADO AS 16:15 NO CAMPO DE SANTO DOMINGO SOLLANS PARROQUIA CALO CONCELLO DE TEO---
Tamen inauguramos unha nova sección en primicia mundial na LNB o Estornelachat.
Inscripcións no propio campo as 16:00.



Ver mapa más grande

lunes, 4 de octubre de 2010

unha viaxe en moto...

Os Trouleiros quedan sen un dos seus mellores palanadores o campión de varados 2009 /10; Hugo que despois de sair de traballar dirixiase á súa casa para xantar e voltar pola tarde, pero un coche atropelábao deixándolle un golpe na cachola (traumatismo craneoencefálico), unha man e unha perna rota do que é operado horas máis tarde.
Agora coa súa amiga a cadeira de rodas di que aínda ten pensado ir a Conxo defender o titulo nacional de varados, así que non pensedes os contrincantes que vos vai ser doado facerse con el.
Os palanadores da LNB deséxamoslle unha pronta recuperación e mandámoslle todos un saúdo e unha aperta.

jueves, 23 de septiembre de 2010

!!!SOLUCIONADO!!!

O video censurouse debido a crudeza das imaxes, para o que teña intestinos pódese ver no varal.
Decir que para tranquilidade de todos o rapaz resbalou nas escaleiras e enganchouse coa cadea e con tan mala sorte que o coitelo que levava na man clavouselle na gorxa. Está en coidados intensivos neste momento.

domingo, 19 de septiembre de 2010

1ª xornada de liga conferencia centro

A primeira xornada de liga na Conferencia Centro comezou con Basilio arrasando e gañando a Toño nunha final de infarto. No tercer e carto posto Hugo e Rubén tiveron un enfrentamento fraticida entre trouleiros no que se impuxo Ruben.
Destacar no lanzamento de longa distancia a Sheila que cun lanzamento de 8 metros álzase no mais alto da clasificación na sua categoria.
 Despois da multitude de protestas, na próxima competición de lanzamento longa distancia de billardas as medicions serán con distanciometro laser Leica d2.
Hai unha nova entrada no blog para comentarios hai que usala.
Basilio seguirá en cor azul ata as probas de ADN.
As erratas forón para demostrar a cantidade de seguidores de este bloge asi me gusta que participedes.


CLASIFICACIÓN XERAL

TOTAL
BASILIOTROULEIROS7
2º TOÑOFURABOLOS6
3º RUBEN LOPEZTROULEIROS5
4º HUGOTROULEIROS4
5º IVANFURABOLOS3
6º XOSE RODIÑOBATEAS3
7º CESARS PONTRAGA3
8º XAN RODIÑOBATEAS3
CARMELATROULEIROS2
10º LUISBATEAS2
11º XOSE ANTONFURABOLOS2
12º RAMAS A.SAN MATEO2
13º GUERRAXOG TRADI2
14º IVANBATEAS2
15º ROCHAXOG TRADI2
16º RUBENTROULEIROS2
17º BEGOÑATROULEIROS1
18º YOLANDAFURABOLOS1
19º SANCHEZA.SAN MATEO1
20º SANTIA.SAN MATEO1
21º PABLOXOG TRADI1
22º RAQUELFURABOLOS1
23º DUBRAA.SAN MATEO1
24º MARIOXOG TRADI1
25º SHEILATROULEIROS1
26º RAQUELTROULEIROS1
27º XOSETROULEIROS1
28º DIEGOBATEAS1








CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS    
        TOTAL                          1ª


1º TROULEIROS18

2º FURABOLOS12

3º BATEAS10

4º XOGOS TRAD6

5º A. SAN MATEO5

6º S PONTRAGA
                       3








PUNTUACIÓN 4 MELLORES DA XORNADA
 
Trouleiros245718
Bateas223310
Furabolos123612
Xogos Trad11226
S. Pontraga00033
San Mateo11125



Lista de palaneadores e palaneadoras e as suas plusmarcas de billarda:

1º Xose Rodiño..............37m 60 cm
2º Xan Rodiño...............37m 55cm
3º Cesar........................37m 20cm
4º Dubra.......................36m 70cm
5º Diego........................31m
6º Ruben.......................28m
7º Hugo.........................25m 40cm
8º Basilio.......................24m 50cm
9º Ivan(bateas)...............24m 30cm
10º Xose........................23m 80cm
11º Raquel.....................20m 25cm
12º Toño.......................19m 80cm
13º Coton......................19m 40cm
14º Yolanda...................19m
15º Ruben Martinez........17m
16º Luis.........................16m 50cm
17º Santi........................16m
18º Begoña....................15m
19º Ivan(furabolos).........14m 60cm
20º Raquel(trouleiros).....14m 55cm
21º Ramas.....................10m 10cm
22º Carmela...................10m
23º Sheila.......................8m
24º Sanches....................2m 50cm

domingo, 12 de septiembre de 2010

1º Torneo de liga (conferencia centro)

Comeza a tan esperada Liga Nacional de Billarda (conferencia centro), todos aqueles que esteades por Santiago tedes unha cita  no Castiñeiriño  no campo do Atlético Fátima.
Farase a presentación dos equipos  que vaian a participar, tamén se poderá xogar sen necesidade de formar parte dun equipo.
Ás 16:00 comezamos a anotarnos  faremos o sorteo ás 16:15, e comezaremos a xogar ás 16:30. Os que chegen tarde poderanse anotar pero empezarán de cero. Que gañe o mellor!! .

miércoles, 8 de septiembre de 2010

POSIBLE CALENDARIO DE LIGA

CALENDARIO DE LIGA
  1. XORNADA      18 DE SETEMBRO
  2. XORNADA      23 DE OUTUBRO
  3. XORNADA      20 DE NOVEMBRO
  4. XORNADA      18 DE DECEMBRO
  5. XORNADA      22 DE ENERO
  6. XORNADA      12 DE FEBREIRO
  7. XORNADA      12  DE MARZO
  8. XORNADA       9 DE ABRIL
  9. XORNADA      14 DE MAIO
TODAS ELAS SERAN PUNTUABLES PARA  A LIGA

POSIBLES EQUIPOS INSCRITOS ATA O MOMENTO
  1. TROULEIROS
  2. BATEAS
  3. GENTALHA
  4. A SAN MATEO
  5. SPORTING PONTRAGA
  6. FURABOLOS
  7. XOGOS TRADICIONAIS
  8. LEMBRANZAS

viernes, 3 de septiembre de 2010

LNB

Con motivo do peche do bar Puente,  ( puente da Rocha)  por vacacions vemonos na obriga de cambiar a reunion a o Meson Rianxeira en Vidan a mesma hora.
Se tedes algun problema en dar co sitio chamade a o tlf 654232108.

martes, 31 de agosto de 2010

LIGA NACIONAL DE BILLARDA 2010/11

Con motivo do comezo da nova tempada da Liga Nacional de Billarda Conferencia Centro vaise celebrar unha xuntanza o sábado 4 de setembro ás 8 da tarde no bar Puente, na Rocha en Santiago de Compostela, para tratar de facer o calendario das xornadas, o sistema de puntuación, tamén para inscribir os equipos, bueno en definitiva tratar de mellorar as condicións do ano pasado e tamén para tratar calquera suxerencia ou dúbida que vos poidan xurdir e para sentar as bases deste segundo ano 2010-2011. Os que esteades interesados en participar sería bo que acudises.


Saúdos. Toño de Furabolos.

sábado, 21 de agosto de 2010

2º Aberto fouciño de ouro

Coma se se tratara do campo de golf a organización preparaba o terreo onde uns días antes se segara o trigo, o terreo era o propicio para un aberto do fouciño pois todo esta relacionado coa malla. A xente ía chegando como podía, con máis de medio cento de palanadores e máis do dobre de espectadores celebrouse o 2º aberto, que nos deixou boas vibracións cara a vindeira tempada de liga que comenzará a finais de setembro.
Non houbo quen lle fixera fronte os Trouleiros, nin Iván, nin o campión de varados Hugo, nin Abel que aínda que era o seu debut coma xogador de billarda plantouse en semifinais ante Basilio que o puxo contra as cordas na 1ª carreira facendolle un varado, pero Basilio non se ía deixar intimidar e valendose da sua experencia na competición empatalle na 2ª, Abel fallou na billarda máis longa e Basilio só ten que tocarlle.
 Tampouco foron quen de facerlle fronte os xogadores estranxeiros que se achegaron ó dito aberto, como foi o caso de Xosé que viña desde Portonovo cun bo palmarés, ou Xermán que viña desde Rivadeo ou César que aterraba desde as terras de Marín que despois dunha intensa nogociación fichou polos Furabolos  xunto con Abel para a liga nacional de billarda na nova tempada 2010/11.
Os trouleiros arrasan no aberto fouciño de ouro facendose cos tres premios, e non deron opcións a ningún dos máis de cincuenta palanadores que se achegaron a xogar o dito aberto.

lunes, 9 de agosto de 2010

2º ABERTO fOUCIÑO DE OURO

O 14 de agosto de 2010 é unha data moi sinalada, celébrase o 2º aberto Fouciño de Ouro, un torneo que coincide coa festa da malla e con O PINO FOLK onde a xente pode lembrar vellos tempos. Todos aqueles que queiran participar comezamos co aberto ás 16:00 na carballeira de Vimieiro, ás 5:00 a malla e ás 19:00 comezarán os concertos nos que actuaran : CEOS DO SIL, ZURRUMALLA, A REQUINTA DE XIAN, TNT TANTO NOS TEN.
Para o que queira vir pola maña haberá polbo, viño e empanadas. Estades todos convidados.

miércoles, 4 de agosto de 2010

ABERTO DE MORAÑA

Foi moita a xente que se acercou asta Moraña o seu 1º aberto de billarda; desde O PINO, SANXENXO, MARIN etc. Despois de intercambiar maneiras de xogar entre os maiores e a xente da LNB dou comenzo o 1º aberto. Como ven acontecendo Xosé Rodiño tibo outra vez o seu dia e gañoulle na final a Luis que viña dende Marin, o cual non lle dou moitas occions.














No 1º aberto de billarda de Moraña, os seus maiores ensinaronos como xogaban eles a billarda, tamen nos ensinaron como as facian coa macheta posto que cando eran rapaces era a sua unica ferramenta. Segun nos explicaban collian unha pola e facian o palan e a billarda ou pincha como eles lle chamaban, e ian xogando polo camiño ou cando chegaban o monte coas bacas buscaban un sitio, non tiñan problemas de lonxitude posto quenon habia limites.


Aberto de Moraña

- ABERTO DE MORAÑA: Os irmáns da Asocición o Petouto confirman para iste serán de sábado un espectacular cartaz de festexos que se desenrolarán na Carballeira de Santa Xusta de Moraña , 17 h>> obradoiro de Pinchas e ás 16 Aberto de Billarda que rematará cunha espectacular merenda cea de irmandade entre os participantes, se habitás ou transitas pola zona non dubides en pasarte pola carballeira de Santa Xusta , porque é de xustiza botarlle unha man ós irmáns do Petotouto que dán o paso das verbas ós feitos pondo en marcha iste poderoso Aberto de Billarda que sitúa a Moraña coma un poro máis no coiro da serpe multicor da LNB. Contacto directo>>699289351 /evalaxe@gmail.com

lunes, 2 de agosto de 2010

1º ABERTO POLBIÑO PAULIÑO

Foron cerca de cincuenta palanadores-as os que se deron cita neste evento, polo que hai que destacar a boa acollida que nos deu esta asociación e darlle as grazas por todo.
Houbo xente de todo o país ata de Baños de Molgas (OURENSE ) ben iso era o que poñía a camisola.
Foi todo un éxito o aberto do polbiño Pauliño que despois dunha gran final entre Iván e Xosé Rodiño a sorte decantouse por Iván sendo el o gran gañador. Pauliño non tivo sorte e acabou no prato para a degustación dos palanadores que se apuntaron a probalo, hai que dicir que aparte do polbo tamén había outros moitos produtos da horta (non sei como farían para roubalos) pero a verdade e que estaban moi bos.
Hai que destacar tamén a presenza da campiona nacional que non foi o seu día xa que as novas xeracións de palanadoras veñen con moita forza. A final femanina foi a tres con Karmela, Raquel sf, e Raquel 88 que foi a campiona da súa categoria.

Iván levaba unha mala racha sen chegar a unha final pero este aberto deulle confianza para os vindeiros abertos posto que aparte de gañare a final fixose tamén co 1º premio de varados vencendo a Rubén Otero e a Xan Rodiño nunha final a billarda máis longa.
Tamén había premios para a categoría de cadetes (menores de 18 anos).


E como non para o veterano do torneo.



lunes, 28 de junio de 2010

ABERTO FESTA DA REPUBLICA

Ata a final chegaron Xosé da Gentalha que se ía enfrontar contra Iván de Furabolos, gañando Iván nunha final de infarto.
Toño tivo que esmerarse para poder gañarlle o terceiro posto a un Brais moi motivado que pese a ser a primeira vez que xogaba non o fixo nada mal.











Como podedes comprobar Xan Rodiño despois de deixarse a pel no aberto do sábado ante Toño na gran final, non podía coa alma e decidiu pasar desapercibido.



A festa da República deixounos un gran aberto con medio cento de palanadores dispostos a demostrarlle a xente da LNB que eles tamén saben xogar a billarda. Incluso se baraxou a posibilidade da fichaxe de algun palanador para os equipos para o comenzo da tempada.