Non houbo quen lle fixera fronte os Trouleiros, nin Iván, nin o campión de varados Hugo, nin Abel que aínda que era o seu debut coma xogador de billarda plantouse en semifinais ante Basilio que o puxo contra as cordas na 1ª carreira facendolle un varado, pero Basilio non se ía deixar intimidar e valendose da sua experencia na competición empatalle na 2ª, Abel fallou na billarda máis longa e Basilio só ten que tocarlle.
Tampouco foron quen de facerlle fronte os xogadores estranxeiros que se achegaron ó dito aberto, como foi o caso de Xosé que viña desde Portonovo cun bo palmarés, ou Xermán que viña desde Rivadeo ou César que aterraba desde as terras de Marín que despois dunha intensa nogociación fichou polos Furabolos xunto con Abel para a liga nacional de billarda na nova tempada 2010/11.
Os trouleiros arrasan no aberto fouciño de ouro facendose cos tres premios, e non deron opcións a ningún dos máis de cincuenta palanadores que se achegaron a xogar o dito aberto. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario