martes, 31 de agosto de 2010

LIGA NACIONAL DE BILLARDA 2010/11

Con motivo do comezo da nova tempada da Liga Nacional de Billarda Conferencia Centro vaise celebrar unha xuntanza o sábado 4 de setembro ás 8 da tarde no bar Puente, na Rocha en Santiago de Compostela, para tratar de facer o calendario das xornadas, o sistema de puntuación, tamén para inscribir os equipos, bueno en definitiva tratar de mellorar as condicións do ano pasado e tamén para tratar calquera suxerencia ou dúbida que vos poidan xurdir e para sentar as bases deste segundo ano 2010-2011. Os que esteades interesados en participar sería bo que acudises.


Saúdos. Toño de Furabolos.