sábado, 29 de agosto de 2009

OUTRO DEPORTE É POSÍBEL!
Desde os primeiros golpes do palán contra a billarda no cantón en Lourenzá, despois de mollarse nos campos de Bretoña, pasando polo frío intenso das tardes na Anguieira en Barreiros, a LNB foi medrando pouco a pouco. Hoxe cada torneo da LNB convértese nunha auténtica festa do deporte autóctono,  para contalo nace a 4ª conferencia, "a conferencia centro (zona estornela)" entrevistas, fichaxes e crónicas dos torneos son os principias argumentos para este blog que vai tratar toda a actualidade da LNB na zona centro.
O 27 comeza a 1ª xornada de liga zona centro puntuable.