Os Trouleiros quedan sen un dos seus mellores palanadores o campión de varados 2009 /10; Hugo que despois de sair de traballar dirixiase á súa casa para xantar e voltar pola tarde, pero un coche atropelábao deixándolle un golpe na cachola (traumatismo craneoencefálico), unha man e unha perna rota do que é operado horas máis tarde.
Agora coa súa amiga a cadeira de rodas di que aínda ten pensado ir a Conxo defender o titulo nacional de varados, así que non pensedes os contrincantes que vos vai ser doado facerse con el.
Os palanadores da LNB deséxamoslle unha pronta recuperación e mandámoslle todos un saúdo e unha aperta.
11 comentarios:
Quen conducía ese vehículo?
Tiña unha camiseta de cor verde clara?
Hugo eres xoven a tua recuperacion sera moi rapida non te asustes que todo pasa con o tempo
Verde e branca e con un boneco xogando a billarda,era un Fur..............
¿quen ia ser senon?. Ai que eliminar o contrario.
¿Quen será o proximo?
haber se foi algun da camiseta azul
haber se foi algun da camiseta azul
os de azul non conducen, son exoloxistas extremos
pero eles xa están adaptados as novas tecnoloxías; teñen os seus coches que andan coa enexía solar, por eso facemos os torneos a plena luz do día pa que poidan vir.
Non sei desde cando as bicicletas pertenecen as novas tecnoloxias porque eu creo que esas van con motor a caldo galego.
creo que as bicicletas ianlle facer pouco mal a moto do chaval.
É certo que Hugo está facendo a reabilitación cun fisioterapeuta Coreano zurdo. E que a súa recuperación é como a de Dani Pedrosa, milagrosa.
Pero, por se acaso está aprendendo a miccionar coa esquerda, o cal lle dá unha grande destreza..
Veña Hugo... podes chegar á 2ª xornada na Pontraga.
A túa ficha non foi dada de baixa aínda. Mais, os Fura xa chamaron a varios xogadores de Batea facéncolles ofertas envidiables....
animo hugo!!!
todo ira ben!!!e rapido!!apertas
Publicar un comentario